top of page

A ANPA do CEIP Agolada ofrece como actividades extraescolares fútbol, informática e inglés

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Xa está aberto o prazo para anotarse


Laura Moure/Agolada

A ANPA do CEIP de Agolada promove as actividades extraescolares deste curso académico, contando coa colaboración do Concello de Agolada. Así ofrece as seguintes actividades para os nenos e nenas do municipio: fútbol, informática e inglés.


A actividade de fútbol está promovida pola ANPA e xestionada pola Sociedade Deportiva Agolada. Este venres tivo lugar a presentación e será todos os mércores e venres. O primeiro día está dirixido para os menores de seis anos e o segundo, para os maiores desta idade. Terá lugar no campo de fútbol ou no pavillón municipal en caso de choiva e será en horario de 16:00 a 17:30 horas.


Os luns, tamén no mesmo horario, impartirase no propio centro escolar informática para nenos a partir dos seis anos.


E por último, a actividade de inglés será os martes, para os máis pequenos, e os mércores, para os rapaces de máis de seis anos. Neste caso, o horario aínda está por confirmar en función dos anotados que haxa.


Os interesados poden inscribirse e obter máis información a través do teléfono 659 906 594 (Mónica).


Cabe mencionar que a actual directiva da ANPA do CEIP Agolada se conformou no pasado mes de outubro. Está composta por Mónica Negro García (Presidenta), Paula Coego Montoto (Vicepresidenta), Ana Belén Blanco Cordido (Secretaria), Ana Coego Pampín (Tesoreira) e como vogais figuran Raquel Sánchez Rivas, Margarita Varela Iglesias e Teresa Tarrío Lamas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page