top of page

A animadora sociocultural do Concello de Agolada, Inma Galego, xubílase tras case 28 anos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

A animadora sociocultural do Concello de Agolada, Inma Galego, xubílase este xoves despois de traballar case 28 anos nesta administración local, porque comezou en novembro de 1993. Os seus compañeiros de traballo quixeron entregarlle este mércores un obsequio e desexarlle o mellor nesta nova etapa da súa vida. Así que lle fixeron entrega dun ramo de flores e dunha placa do Concello de Agolada.


O Concello de Agolada quere destacar a importante labor desta traballadora a que tanto lle debe este municipio. Organizou múltiples actividades, foi a encargada da biblioteca municipal e serviu de guía de todos aqueles visitantes que se achegaron a Agolada ao longo destes anos para ver os Pendellos. E por suposto, non podemos esquecernos da Mostra de Artesanía de Agolada que é un dos eventos máis consolidado na localidade e que isto conseguiuse gracias ao seu traballo e implicación.



0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page