top of page

A ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería de Lalín asistirá desde onte, sábado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Reforzará os recursos sanitarios das máis de 35.000 persoas que viven na comarca dezá 


Laura Moure/Lalín

A ambulancia de soporte vital avanzado de Enfermería con base no concello de Lalín dará cobertura a todas as urxencias e as emerxencias sanitarias que se produzan na comarca de Deza a partir de onte, sábabo, 1 de xuño.  Este novo recurso asistencial reforza os recursos sanitarios das máis de 35.000 persoas. Así, a ambulancia de servizo vital avanzado de Enfermería con base en Lalín permitirá realizar traslados de pacientes e garantir a prestación dos tratamentos durante longos traxectos, sen necesidade de mobilizar ao equipo de atención primaria do centro de saúde de referencia.

Desde o ano 2019, as ambulancias de servizo vital avanzado de Enfermaría están presentes nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela para optimizar a prestación asistencial nestas áreas, cun 96% de resolución das súas intervencións de xeito autónomo, é dicir, sen necesidade de mobilizar recursos medicalizados. 


Melloras dos tempos de asitencia

Ademais, a incorporación deste recurso asistencial de servizo vital avanzado permitirá mellorar os tempos de asistencia á poboación e incrementar a calidade asistencial a través da atención presencial daqueles pacientes que necesiten coidados de soporte vital avanzado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Todas as ambulancias de servizo vital avanzado da rede de transporte sanitario urxente de Galicia-061, sexan medicalizadas ou de Enfermería, son vehículos cuxo equipamento e dotación permite prestar asistencia sanitaria in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.


A asistencia sanitaria realizada polo persoal sanitario do 061 de Galicia, tanto no punto no que se atope o paciente como durante o traslado, está en todo momento coordinada e supervisada en tempo real, desde a Central de Coordinación, por médicos coordinadores especialistas na atención da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cómpre subliñar que a decisión de incrementar a Rede de transporte sanitario urxente terrestre do 061 cunha ambulancia de servizo vital avanzado de Enfermería con base en Lalín confirma o compromiso da Xunta para mellorar a atención ás urxencias e ás emerxencias neste concello e na súa área de referencia.

Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page