top of page

A Alternativa Veciñal de Antas pide o acondicionamento e sinalización dunha ruta de senderismo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

De cara o vindeiro Pleno Ordinario, que se ten que celebrar a finais deste mes de xuño, a Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA) defenderá unha iniciativa encamiñada a instar ao goberno municipal a que acondicione e sinalice unha ruta de sendeirismo en Antas de Ulla. "Vivimos nun entorno cunha máis que salientable riqueza paisaxística, natural e patrimonial e as Administracións han de poñer empeño e esforzo no seu coidado e posta en valor", incide.


Ademais, engade que "nestes tempos nos que tanto se fala de impulsar o turismo de proximidade, de atraer visitantes, é salientable que non contemos nin cun roteiro debidamente sinalizado. Non toda acción encamiñada á posta en valor do territorio ten que pasar polo desembolso de centos de miles de euros das arcas públicas nin por levar a cabo de grandes intervencións: habilitar unha ruta de sendeirismo é unha actuación sinxela, pouco custosa, para a realización da cal o Concello conta con medios propios máis que suficientes".

Así recalca que unha senda que "transite polos espazos máis singulares da nosa contorna é unha ferramenta humilde, pero de utilidade á hora de contribuír a valorizar o territorio, de facilitar os medios para o desfrute do mesmo, tanto da propia veciñanza como dos viaxeiros que decidan achegarse ao noso municipio".


Ademais, a súa proposta ten unha segunda vertente: que o goberno municipal se implique activamente en promover xunto cos Concellos de Palas de Rei e de Monterroso, a sinalización dunha ruta de gran percorrido, con diversas variantes que pasen polos lugares naturais, paisaxísticos e patrimoniais máis destacados.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page