top of page

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla reitera a necesidade de que haxa un centro de día público

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Rexistra un rogo no que pide que se impulse este servizo por parte do goberno municipal


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

"O 27/01/22 no Facebook do Concello publicábase que “tan só uns días despois da súa entrada en funcionamento, a casa do maior de Antas de Ulla ten cubertas todas as súas prazas e xa ten lista de agarda” e que “este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Antas de Ulla” lembra a Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA) que considera que "o limitado número de prazas da casa do maior (tan solo conta con cinco prazas) e a existencia de lista de espera amosa as expectativas xeradas nos veciños e evidencia a necesidade dun servizo de atención diúrna máis amplo". Polo que para AVA segue a ser prioritario que Antas de Ulla conte cun centro de día público e "por iso acabamos de rexistrar un ROGO solicitando que se impulse este servizo por parte do goberno municipal".

AVA sinala que xa presentara unha moción no 2020 solicitando ao Concello que impulsara a apertura dun Centro de Día Público e outra moción no 2021 insistindo na necesidade e propoñendo posibles localizacións. "O 22/04/2021 diriximos unha solicitude á Dirección Xeral de Maiores e persoas con discapacidade da Xunta de Galicia para que tomara a iniciativa de impulsar no noso municipio esta iniciativa".


Ademais, incide en que a posta en marcha dunha casa do maior "non soluciona o problema da necesidade de atención diúrna dos nosos maiores, é máis, xera frustración para moitos veciños que necesariamente quedan sen prazas".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, apunta que "hai que ter en conta que, aínda que se trata dun servizo de xestión privada, está subvencionado pola Xunta, polo que para o usuario é gratuíto. O Concello, efectivamente, colabora na tramitación das solicitudes, xa que ten que prestar o asesoramento preciso para realizar a solicitude de praza, polo que tamén lle solicitamos ao Concello que faga público na páxina web e nas redes sociais do Concello toda a información relativa a como solicitar praza na casa do maior e que esa información estea por escrito nas oficinas municipais a disposición de calquera persoa interesada".


NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page