top of page

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla proponlle ao Concello crear un boletín de ofertas de traballo

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla realizou unha proposta ao alcalde do municipio, Javier Varela, para que, por parte do Concello, se leve a cabo unha labor de recollida e difusión das ofertas de emprego das empresas desta zona. A proposta consiste na creación dun boletín de ofertas de traballo que se actualice todas as semanas e do que se faga publicidade a través das redes sociais e da páxina web municipal.


"O Concello ten os medios máis que suficientes tanto no que se refire a a recursos de difusión (redes sociais e páxina web...) como a persoal, ao contar cunha persoa para

xestionar as redes sociais. É un servizo sinxelo e factible que outros Concellos teñen en

funcionamento e que pode resultar de utilidade tanto para as persoas que procuran emprego como para os autónomos e empresas necesitadas de persoal", subliña AVA.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page