A Algarabía regresará a Lalín do 4 ao 6 de setembro cun cartel cheo de música galega
- Laura Moure

- 5 ago
- 1 min de lectura
Laura Moure/Lalín
A Asociación Cultural O Naranxo organiza unha nova edición da Algarabía, que se celebrará en Lalín os días 4, 5 e 6 de setembro de 2026. O evento contará cun amplo programa musical repartido en tres xornadas, con actuacións de grupos e artistas da escena galega e estatal.

A programación arrancará o venres 4 de setembro coa sesión de noite, na que actuarán Tiro na Testa, Marela, Cara B e Aprendiz.
PUBLICIDADE
O sábado 5 haberá música durante toda a xornada. A sesión vermú estará protagonizada por Varacuncas, mentres que pola tarde será a quenda de Pakolas. Xa pola noite subirán ao escenario Harry May, Meu, Eskravos e Luch O'ner.
PUBLICIDADE
O festival pecharase o domingo 6 de setembro cunha sesión vermú a cargo de Rodrigo Ramos e unha sesión de tarde na que actuará Sagafuga.
PUBLICIDADE
A Algarabía está organizada pola Asociación Cultural O Naranxo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Lalín.
PUBLICIDADE
A cita consolídase como unha das propostas culturais do final do verán na comarca, reunindo durante tres días concertos para públicos de diferentes idades e estilos musicais.










Comentarios