top of page
Foto del escritorLaura Moure

A alcaldesa de Silleda e a edil Educación reúnense co Conselleiro de Educación

Durante o encontro abordaron melloras nos centros educativos do municipio


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Educación, Ángela Troitiño, reuníronse este mércores co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, para tratar diferentes cuestións relativas aos centros educativos do municipio, con especial atención aos CEIP de Silleda e o Ramón de Valenzuela da Bandeira, e ao IES Pintor Colmeiro.


Durante o encontro, expuxéronse distintas necesidades urxentes para os centros, agradecendo as dúas mandatarias locais a atención do responsable autonómico de Educación e a súa receptividade, nun encontro ao que tamén asistiu o secretario xeral técnico, Manuel Vila.


En relación ao CEIP de Silleda, dende o Concello solicitouse autorización para ceder unha parte do patio escolar ao Consorcio Galego, permitindo así a ampliación do espazo de xogos do centro Galiña Azul. Esta zona do patio está en desuso e presenta problemas de visibilidade para o control do alumnado.


En canto ao estado de conservación do centro, Paula Fernández agradece o o compromiso do conselleiro para substituir as ventanas, para lograr unha maior eficiencia enerxética, completando así as actuacións levadas a cabo o pasado ano pola Xunta e evitando as perdas de calor.

“É de agradecer esta actuación, xa que estamos a falar do centro educativo máis antiguo a día de hoxe da comarca de Deza, e aínda que se realizaron reparacións nas cubertas, as carpinterías exteriores metálicas continúan xerando importantes perdas de calor, situación que dificulta o confort térmico, sendo unha demanda histórica do Concello

desde hai 15 anos”, sinala a rexedora.


En canto a outra das demandas históricas tanto do Concello de Silleda como da comunidade educativa, na xuntanza solicitada pola alcaldesa, tamén se falou do patio cuberto do CEIP de Silleda. As dúas administración comprométense a analizar as posibilidades desta actuación, para dar resposta a un centro con máis de 350 alumnos e

alumnas que disponen dun espazo reducido cuberto para pasar o recreo nos días de

choiva.


Fernández e Troitiño tamén realizaron co conselleiro un repaso ao estado de conservación do resto de centros do municipio, así como aos investimentos realizados nos últimos anos. “É fundamental que os nosos centros educativos conten con infraestructuras dignas para

ofrecer unha educación de calidade. Dende o Concello seguiremos insistindo para que

estas demandas históricas sexan atendidas o antes posible”, declarou a alcaldesa.


Publicidade

Concretamente, realizáronse tres grandes obras por case 1M€. Son melloras sectoriais e cambios de luminarias no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro; melloras da cuberta, falsos teitos e aseos no CEIP Ramón de Valenzuela, e obras de reforma de aseos, substitución de cubertas e ampliación da aula de música no CEIP Plurilingüe de Silleda. Ademais, este verán a Consellería de Educación tamén acometeu pequenas obras de mellora no Instituto Pintor Colmeiro.


Román Rodríguez comprometeuse a realizar melloras nos centros educativos do municipio. Entre elas destacan varias actuacións no CEIP Plurilingüe de Silleda, onde se cambiarán as fiestras para a mellora da eficiencia enerxética e se analizarán as posibilidades de facer un patio cuberto en colaboración coa Administración local. Así mesmo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tamén valorará a posibilidade de ceder unha parte do patio do centro educativo para mellorar as instalacións da escola infantil.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page