top of page

A alcaldesa de Monterroso lémbralle á Deputación a necesidade de arranxar o Complexo Deportivo

A mandataria alégrase do anuncio do ente provincial do arranxo da estrada que une Ligonde e Sastrexas, pero lamenta que non se fixera antes do Ano Xacobeo


Laura Moure/Monterroso

A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, celebra o anuncio feito polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, das obras de mellora na estrada provincial LU-P-3305 que une as parroquias de Ligonde e Sastrexas. Esta petición expresa da rexedora que foi apoiada por unanimidade do pleno de Monterroso no ano 2020 afecta a tres quilómetros para unir a vila de Monterroso co Camiño de Santiago, motivo polo que Rocío Seijas lamenta que “non se fixera antes do Ano Xacobeo, dada a gran afluencia de peregrinos durante ese período e o incordio que supuxo e está a supoñer a veciñanza da zona”.


Ademais, a mandataria fai fincapé na necesidade de que o presidente da Deputación de Lugo non esqueza cumprir o acordo no que se amosan as súas obrigas como titular das instalacións do Complexo Deportivo e Piscina. “Agradecería que dende o Goberno provincial se poñan mans á obra cos arranxos das instalacións deportivas e logo lle tansfiran a titularidade e a competencia da mesma ao Concello para poder poñelo en marcha para toda a veciñanza”.

En repetidas ocasións, sinala, "púxose en contacto coa Administración Provincial para darlle solución a esta problemática, xa que é unha obra que leva dende o ano 2010 en marcha sen que o Concello poida xestionalo non podendo dar resposta así a unha das fortes demandas da veciñanza da localidade", conclúe a alcaldesa.


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page