É un certame no que poden participar cativos de todo o país presentando obras inéditas en lingua galega
Ecos da Comarca/Xeral
A Agrupación Cultural O Facho ten convocado un Concurso Nacional de “Contos de Nen@s para Nen@s”, un certame no que poden participar menos e nenas de todo o país presentando obras inéditas en lingua galega.A convocatoria abrangue tanto a normativa da Real Academia Galega (RAG), coma o Eo.Naviego, o Reintegrado e a Lusofonía. O concurso ten dúas categorías segundo as idades dos participantes, unha de 9 a 12 anos e outra de 13 a 16.
En cada categoría os gañadores, que elexirá un xurado designado por O Facho o vindeiro mes de maio, recibirán premios en metálico. Serán 500 euros para os primeiros clasificados en cada categoría e 300 para os segundos. A extensión dos traballos presentados ao concurso ten que ser de 5 folios para a categoría de 9 a 12 anos, e 10 folios para a de 13 a 16. O xurado valorará, ademais da orixinalidade, a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical dos traballos presentados ao concurso.
Publicidade
Os nenos e nenas interesados en participar no concurso terán até o vindeiro 4 de maio ás doce da noite para presentar os seus orixinais. Poden remitilos ao mail ofacho@ofacho.com ou ben por correo ordinario á Agrupación Cultural O Facho, Apartado de Correos 46, Oficina Principal. CP 15.002 A Coruña.
Comments