A agoladesa Sheila Insua será a presidenta do procolexio de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia
"O cargo é o de menos. Somos sete mulleres, sete profesionais da Pedagoxía aos mandos desta aventura, e sen o meu equipo, sería imposible"

ENTREVISTA Á PEDAGOGA AGOLADESA SHEILA INSUA JOSENGE QUE SERÁ A PRESIDENTA DO PROCOLEXIO DE PEDAGOXÍA E PSICOPEDAGOXÍA DE GALICIA
Laura Moure/Agolada
Hoxe conversamos de novo coa pedagoga Sheila Insua. A agoladesa tal e como nos anunciou a ECOS DA COMARCA será a presidenta do procolexio de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia.
1. Que é un procolexio de Pedagoxía e Psicopedagoxía?
Un procolexio é a antesala a un colexio oficial. Para podelo crear, é preciso poder iniciar o procedemento, ter o apoio do Consello Xeral de Colexios Oficiais da profesióne en cuestión, tal como marca a lei de creación de Colexios Oficiais. É un organismo que inicia a defensa dos usuarios e profesionais, neste caso, da Pedagoxía como profesión universitaria.
2. Que cargo ocuparás?
O cargo é o de menos. Somos sete mulleres, sete profesionais da Pedagoxía aos mandos desta aventura, pero si é certo que, facía falla unha acta constituínte e repartir cargos e a min encargáronme crear grupo dende a presidencia, así que ese é o meu cargo, o cal non sería posible de desenrolar sen a axuda do resto da directiva, ás que teño tolas de firmar
documentación, facer informes, cursos, xuntas e demais e ás vogais intento non darlles moito traballo, aínda que deben firmar certa documentación e acudir ás asambleas. Pero a presidencia é un cargo de responsabilidade que esixe moito traballo e trámites ca Xunta, co Consello Xeral e ca administración en xeral.
3. Como te enfrontas a isto?
Con ilusión, con gañas e con moito sentimento de responsabilidade polo que implica cos meus colegas, usuarios e co encargo que se me fixo dende o Consello depositando en min esta confianza, pero repito, non estou soa, e sen o meu equipo, sería imposible. Certo é que todo comezou ca creación en Telegram da plataforma onde nos unimos os pedagogos e que derivou nunha relación laboral co Consello Xeral, pasando a formar parte da Comisión de Comunicación do mesmo e creando una relación de confianza co presidente do Consello, Enrique Castillejo.
4. Cales son as funcións dun procolexio?
A primeira e máis importante é a de crear un Colexio Oficial co cal defender a profesión do intrusismo que nos atopamos, xa que, como a maioría das profesións non están reguladas no BOE e baseámonos nas competencias que nos dan os nosos estudos e que controla e certifica a ANECA nos seus libros blancos, delimitando así as profesión dalgunha maneira. A segunda é dar visibilidade e loitar polos dereitos dos profesionais da Pedagoxía e que se teña en conta a Pedagoxía nos campos nos que ten que estar para mellorar os servizos e a calidade educativa, pois a educación é a base de tódalas sociedades equitativas e modernas. A terceira e máis importante é poder controlar que a atención que se lle dá aos nosos usuarios é de calidade, impartida por profesionais de calidade con titulación adecuada denunciando a aqueles que se dedican á Pedagoxía de forma clandestina e sen formación que, como me dixeron o outro día, “a pedagoxía e psicopedagoxía é un nome comercial”, mentras era unha abogada a que estaba exercendo ou noutro caso unha enxeñeira... Hai cousas que rozan a ilegalidade, pero estas cometen un delito de intrusismo con penas de prisión e multas cuantiosas, e non imos deixar que isto ocorra mentres se lles está dando unha atención deficiente aos usuarios. No caso da enxeñeira, dicía que decíndolle aos nenos que as letras non se moven, xa se correxía a dislexia. Como isto, chégannos miles de casos como comisión de comunicación. Agora, como procolexio e delegación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Pedagogos e Psicopedagogos de España actuaremos dende aquí intervindo neses casos que nos chegan. A cuarta é ofrecer formación continua e de calidade aos profesionais da Pedagoxía e Psicopedagoxía de carreira.
5. Cales son os pasos para pasar a ser colexio?
Unha vez formalizado e rexistrado o procolexio na Xunta, faise un aval dende o Consello Xeral, dáselle entrada á solicitude na Vicepresidencia Segunda e unha vez feito, comenzamos unha rolda de reunións cos conselleiros aos que lles afecta a nosa profesión e aos cales se lles argumenta a nosa función en cada ámbito e se lles fai ver o porqué é necesario que sexamos unha profesión colexiada. Unha vez feito isto, a Vicepresidencia ten que aprobar a creación do Colexio Oficial a través dunha lei que se votará no Parlamento e se publicará no DOGA (Diario Oficial de Galicia) e onde considere. E unha vez publicada, ao día seguinte, xa seríamos Colexio Oficial. Pero como delegación do Consello, case facemos as mesmas funcións ca sendo colexio, aínda que non podemos dar número de colexiado, por iso, é importante asociarse ao procolexio, para facer forza para lograr o obxectivo.
6. Cales son as funcións dun pedagogo?
As función do pedagogo son as de evaluar, diagnosticar e intervir en necesidades educativas académicas, de conduta ( sempre sen meternos no ámbito psicolóxico) e sociais e alá onde faga falla formación ou creación de material didáctico. Isto é moi ambiguo, pero nas nosas redes sociais atoparedes información máis detallada e específica.
7. Con que trabas vos estades atopando en xeral?
As trabas típicas da administración, sobre todo ca lentitude dos procesos e que ata o de agora non puidemos intervir ata ter a aprobación do Consello e a solicitude de colexio oficial rexistrada na Xunta. Supoño que a partir de agora haberá menos trabas, pero máis traballo, o cal non nos mete medo.
8. Canto de necesario é a Pedagoxía?
Estamos cheos de oír que hai que facer Pedagoxía, así que importante é para todo, pero facer Pedagoxía é educar ao largo da vida e en todos os ámbitos creando unha sociedade mellor, máis equitativa e con capacidade de mellora. Esto inclúe aos centros educativos, empresas, servizos sociais e á sociedade en xeral. Gustaríame agradecerche Laura, a oportunidade de darnos visibilidade e de darlle á xente a posibilidade de coñecer a onde acudir se precisan dun profesional educativo e que hai vida máis alá da Psicoloxía. Hai profesionais educativos que dedican a súa vida profesional a solucionar problemas educativos para o que se formaron.
Cabe mencionar que hai un ano afondabamos con Insua máis nesta profesión nunha entrevista que lle fixemos. Podedes lela no seguinte enlace: