top of page

A AG-53 ao seu paso por Dozón rexistra unha saída de vía

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Dozón

Esta mañá, sobre as dez horas, produciuse unha saída de vía na AG-53, no punto quilométrico 59 dirección Santiago á altura do Castro (Dozón), tal e como informa o 112 Galicia.

Foto arquivo.

Foi o propio condutor do vehículo o que avisou ao 112 Galicia. "Indicounos que se atopaba liberado e accesible, pero precisaba axuda de Emerxencias para que restablecesen a seguridade na zona".

O 112 informou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Lalín e o Servizo de Mantemento de Estradas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page