top of page
Foto del escritorLaura Moure

A afección polos ralis de Rubén Mourazos e Bruno García traspasa a cuneta para competir no da Auga

Estes veciños de Arzúa competirán no Rally Terra da Auga os días 4 e 5 de xuño


Laura Moure/Arzúa

Hai algo máis dun ano cando a pandemia do coronavirus irrompeu nas nosas vidas sen avisar e obrigou a aparcar moitos soños. Entre estes o de Rubén Mourazos e Bruno García que nuns días tiñan previsto participar no seu primeiro rali, pero o acceso dos motores e o canto das notas tiveron que agardar.


Mourazos, que mañá cumprirá 24 anos, e o seu primo Bruno García, de 26, viven en Arzúa, aínda que este último é de Ponte Carreira, e desde moi pequenos senten unha gran paixón por este tipo de competicións. A súa afección fai que non se perdan ningún dos ralies da contorna. Pero desta volta, decidiron deixar a cuneta para sentir esa adrenalina, pero dentro dun coche. Mourazos será o encargado de dirixir o volante e García de cantar as notas e xa se di que entre piloto e copiloto ten que haber total confianza e neste caso, está máis que asegurada.


Hai máis ou menos ano e medio puxéronse a crear o seu propio coche, un Citröen Saxo VTS, que o foron montando no garaxe da casa peza a peza. Cabe mencionar que Mourazos é electricista e fontaneiro e García, repartidor nun almacén, pero todo o seu empeño e ganas, e tamén coa axuda de amigos, sacaron adiante o seu coche de carreiras, que fai que aínda teña moito máis mérito.


Eles tiñan pensado correr no Rallymix de Touro e tamén no da Auga no 2020, pero cando estaban a punto de presentar o seu vehículo en Melide, chegou o estado de alarma. Así que será nesta nova edición do Rally Terra de Auga, o vindeiro venres e sábado e que terá como escenario a comarca de Arzúa, cando estes dous primos teñan a oportunidade de desfrutar do seu soño. Sons conscientes de que a falta de experiencia pode ir en contra, pero queren desfrutar desta nova experiencia e ir descubrindo este mundo e poñerse na pel do corredores, e sobre todo, confesan que van a pasalo ben. Sen embargo, a días da competición os nervios xa empezan a asomar, pero a ilusión e as ganas están por riba de todo.


Este sábado, cumprindo con todas limitacións e medidas, presentaron o seu coche aos amigos, e agora xa están desexado que chegue o día para saltar á pista.

García e Mourazos onte co seu coche.






0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page