Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A AEMET activa o aviso AMARELO para hoxe venres a partir do mediodía

A xornada quedará marcada pola presenza de aire frío en altura, fonte de inestabilidade


IsmaelRS/Xeral

Aviso Amarelo. Fonte: AEMET

A xornada do venres quedará marcada en Galicia pola presenza de aire frío en altura, fonte de inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos treboentos, localmente fortes, acompañados de aparato eléctrico e ocasionalmente de sarabia. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, con intensidade moderada no litoral, máis frouxos no interior, tal e como comenta MeteoGalicia.


A AEMET activa o aviso AMARELO para toda Galicia para hoxe venres a partir do mediodía por treboadas.


252 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE