top of page

A AED reforza a formación do cento de usuarios do Plan Integrado de Emprego

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Programa accións sobre prevención de riscos laborais, manipulación de

alimentos ou como afrontar as entrevistas e os procesos de selección, entre outras


Laura Moure/Lalín

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) está a intensificar nas últimas semanas a formación dos 100 usuarios e usuarias do Plan Integrado de Emprego 2020/21 coa finalidade de mellorar as súas opcións de inserción no mercado laboral da bisbarra. Actualmente, o equipo técnico está a levar a cabo citas individuais de orientación laboral cos usuarios e xa comezou a desenvolverse o curso preparatorio dos exames oficiais de competencias clave para que poidan obter certificados de profesionalidade.

Asistentes a un curso de prevención de riscos laboraias na AED, antes da pandemia.


Nas vindeiras semanas están previstas novas accións formativas no eido da prevención de riscos laborais, a manipulación de alimentos e o control de alérxenos, así como talleres sobre lexislación laboral e autoemprego, e sobre como afrontar as entrevistas de traballo e os procesos de selección.


Este Plan Integrado de Emprego da AED 2020/21, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), estase a desenvolver desde comezos de ano e os postos de traballo máis demandados polos usuarios son os seguintes: operarios de fábrica para diferentes sectores, persoal de limpeza, dependentes, hostalaría (camareiros e axudantes de cociña), administración e auxiliares de administración, persoal para almacén, carpintaría de aluminio, comerciais, persoal con experiencia en atención ao cliente, supermercados, reparto e atención sociosanitaria.


Desde a AED apélase ao interese das empresas da bisbarra que poidan precisar traballadores nalgún destes postos para que contacten cos técnicos da asociación e se informen sobre as posibilidades de contratación.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page