top of page

A AED organiza un curso básico de PRL para persoal de talleres de reparación de vehículos

A formación, que comezará o día 1 de outubro, conxugará clases presenciais e

telemáticas


Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) acaba de abrir o prazo de matrícula para un curso de nivel básico de Prevención de Riscos Laborais (PRL) orientado a empregados de talleres de reparación de vehículos, autónomos e desempregados. Esta formación, que terá unha duración de 50 horas, conxugará as clases presenciais (20 horas) coas telemáticas (30 horas). As datas e horarios nas que se impartirán as clases presenciais serán as seguintes: os sábados 1, 8, 15 e 22 de outubro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A AED lembra que ata agora os traballadores das empresas do sector do metal que non acudían a obras de construción non tiña establecido un número de horas e contidos obrigatorios na formación de prevención de riscos, sendo suficiente cunha charla formativa e a información que recibían do técnico de prevención. Nembargantes, coa ratificación en 2022 do Convenio do Metal publicado en 2019, estableceuse a obrigatoriedade de que todas as empresas formen aos seus traballadores nesta

materia e, concretamente, para as empresas de reparación de vehículos establécese unha formación mínima de 20 horas, pero ao estar afectadas polo real decreto de canceríxenos, o recomendable é facer este curso específico de 50 horas.

Con esta formación, que é bonificable a través das cotas da Seguridade Social, os traballadores dos talleres cubren as esixencias formativas específicas para o seu oficio e pasan a ser “recurso preventivo”.


As persoas interesadas en matricularse no curso deben contactar co Departamento de Formación da AED chamando ao teléfono 986 78 70 91 ou enviar un email ao enderezo asociacion@aedeza.com

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page