A AED organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais este venres e o sábado, día 30
Laura Moure/Deza
A Asociación de Empresari@s de Deza informa que aínda dispón de prazas libres para inscribirse nos dous cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) que impartirá pasado
este venres e o sábado, día 30, e que terán unha duración de seis horas cada un.

O curso deste venres, dirixido a operadores de vehículos e maquinaria de movemento de Terras, desenvolverase entre as 15:00 e as 21:00 horas, mentres que o curso do día 30, dirixido a traballadores da instalación, reparación e montaxe de estruturas metálicas, cerraxería e carpintaría metálica, será de 8:00 a 14:00 horas.
Ambos cursos son bonificables a través das cotas da Seguridade Social e aquelas persoas que poidan estar interesadas deben dirixirse o antes posible ao Departamento de Formación da AED, chamando ao teléfono 986 78 70 91 ou enviando un correo electrónico a asociacion@aedeza.com