top of page
Perruquería Marisa.gif

A AED inicia un Ciclo de Formación para a Hostalaría cunha xornada específica sobre a cervexa

Ecos da Comarca/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) iniciará a vindeira semana un Ciclo de Formación para a Hostalaría cunha xornada específica sobre a cervexa, que se impartirá o martes 25, de 17:00 a 20:00 horas, e que ten prazas limitadas.

Nesta acción formativa, que conta coa colaboración do Concello de Lalín e da marca Toupiña, impartiranse contidos de nivel básico sobre a historia da cervexa, os ingredientes, o proceso de elaboración, os estilos da cervexa e como servila, ademais de participar nunha cata comentada con ciclo variedades clásicas de cervexa.

Aqueles profesionais do sector da hostalaría ou persoas que estean interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao teléfono 986 78 70 91 ou enviando un correo electrónico ao enderezo asociacion@aedeza.com.

24 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page