Os clientes que degusten todas as tapas e reúnan os selos de todos os establecementos entrarán no sorteo de 17 agasallos
Laura Moure/Deza
A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) celebrará desde este xoves día 18 e ata o domingo 28 de agosto a undécima edición do concurso de tapas “Deztápate”, no que participarán un total de 13 establecementos asociados de Lalín, que ofrecerán cadansúa tapa por un prezo de 2,5 euros, coa bebida aparte.

A relación de locais participantes coa súa tapa e o horario de servizo é a seguinte: ALOLA, “Día de feira”, de 20.00 a 22.30 horas, pechando os luns e os martes; BAR O PINCHO, “Terramar”, de 20.30 a 23.30 horas, sen servizo de tapas os días 18, 20 e 27 de agosto; BODEGÓN A CUNCA, “Black pie con telaraña negra”, de 20.00 a 23.00 horas, pechando os domingos e os luns; CABANAS RESTAURANTE, “Bocado da ría”, de 20.30 a 23.15 horas, pechando os domingos e sen servizo de tapa os luns, martes e mércores; CASA CURRÁS, “Almorzo continental”, de 20.30 a 22.30 horas, pechando os domingos e os martes; CASA SANMARTÍN, “Apple”, de 16.00 a 22.30 horas, pechando os martes; EL CAFÉ DE AME, “Huevo poché”, de 19.30 a 22.30 horas, pechando os domingos; EL
NIGUIRI DE KONTIQUE, “A sopa de Rodolfo Langostino”, a partir das 20.00 horas ata o peche da cocina, sen servizo de tapas o día 18 e os martes; HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA, “Calabacín del Deza”, de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.30 horas, sen servizo de tapa o día 20 de agosto; O CAFÉ DE MILI, “Milita 2.0 (pastel de atún con mexilóns en salsa de albariño”, de luns a venres de 20.00 a 22.30 horas e os sábados de 13.00 a 14.00 horas, pechando os sábados pola tarde e os domingos todo o día; PENSIÓN LAS PALMERAS, “Que viene el coco”, de luns a xoves de 20.30 a 22.30 e venres e sábados de 20.30 a 23.00 horas, pechando os domingos; RESTAURANTE LA MOLINERA, “Terrina de carrillera glaseada, crema de tubérculos e ragout de setas”, os luns, martes e xoves de 13.00 a 15.30 horas e os venres, sábados e domingos, de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 23.20 horas, pechando os mércores; e SIGLO XXI TAPERÍA-BAR, “Doce e salgado”, de luns a xoves, de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.30 e os venres e sábados de 13.00 a 15.00, pechando os domingos.
Todos os clientes que acudan a estes 13 establecementos e o soliciten recibirán unha tarxeta para participar no sorteo de 17 agasallos, para o que deberán probar a totalidade das tapas e contar co selo de cada un dos 13 locais participantes. Ditos agasallos serán os seguintes: unha visita guiada ás “Bodegas Zugober”,con aloxamento dunha noite e almorzo incluido no hotel de 4 estrelas “Villa de Laguardia”, en Álava, para dúas persoas; seis botellas magnum “Viña Costeira” (unha por persoa); seis botellas magnum “Viña Pomal” (unha por persoa); un lote de madeira da marca “Toupiña” consistente
nunha cervexa de 33 centilitros e unha de 75 centilitros con etiquetas deseñadas por Álvaro Negro e elaboradas con ingredientes de Lagazós; unha visita á fábrica “Toupiña” con degustación de tres cervexas, para tres persoas; unha cata de cinco cervexas da marca “Toupiña” con maridaxe de queixos, para tres persoas; e unha cata de cinco cervexas da marca “Toupiña” con showcooking do cociñeiro Álex Iglesias, para tres persoas.
Ademais, cada un dos clientes/as que deguste todas as tapas e conte cos selos dos establecementos participantes votará as tres mellores tapas dándolle 3 puntos á mellor, 2 puntos á segunda e 1 punto á terceira. A suma de ditas puntuacións permitirá elixir o podio dos establecementos gañadores, cuxo primeiro clasificado recibirá un diploma e un ano gratuíto da cota de asociado da AED (valorado en 195,96 euros); o segundo clasificado, un diploma e seis meses de cota gratuíta (73,98 euros); e o terceiro, un diploma e tres meses de cota gratuíta (48,99 euros).
Comments