top of page

A AED imparte o vindeiro luns un novo curso de manipulador de alimentos

Esta acción formativa, de tres horas de duración, é de carácter gratuíto para as

empresas asociadas e os seus traballadores


Ecos da Comarca/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) impartirá o vindeiro luns día 14 de marzo un novo curso de manipulador de alimentos, de tres horas de duración, de 17.00 a 20.00 horas.

Esta acción formativa, que é de carácter gratuíto para as empresas asociadas e para os seus traballadores, ten como finalidade formar aos manipuladores de alimentos para que cumpran coa lexislación sanitaria vixente, así como instruílos acerca dos perigos que conleva a contaminación dos alimentos, das causas que provocan as intoxicacións alimentarias, da adopción das medidas preventivas necesarias e dunha correcta limpeza e desinfección dos utensilios e das instalacións empregadas.


Aquelas persoas que queiran inscribirse nas prazas que aínda quedan dispoñibles deben facelo a través do teléfono 986 78 70 91 ou do correo electrónico asociacion@aedeza.com.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page