top of page
Foto del escritorLaura Moure

A AED imparte dende o sábado un curso de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas

Trátase de formación bonificable a cargo das cotas de Seguridade Social para

traballadores/as do Réxime Xeral


Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza impartirá dende este sábado, día 2 de outubro, e ata o 6 de novembro un curso de Prevención de Riscos Laborais, nivel básico, de 60 horas de duración (20 horas presenciais e 40 en teleformación). Esta actividade formativa está

dirixida a traballadores en activo, autónomos ou desempregados da rama da construción e o metal.


As clases presenciais, que se desenvolverán os días 2, 16 e 23 de outubro e o 6 de novembro, terán un horario de 9.00 a 14.00 horas e impartiranse nas instalacións da asociación. Trátase de formación bonificable a cargo das cotas da Seguridade Social para traballadores/as do Réxime Xeral. Ademais, esta formación é válida tanto para o convenio da construción como do metal.


Aquelas persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información poden contactar coa AED no teléfono 986 78 70 91 ou a través do enderezo asociacion@aedeza.com.

0 comentarios

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page