
A AED convenia con Clínica Deza descontos exclusivos para facer probas de detección da Covid
As empresas afiliadas e os seus traballadores poderán realizar test de antíxenos
por 25 euros e probas PCR por 100 euros

Francisco Javier Vázquez e Antonio Lamas ante a Clínica Deza, en Lalín
Laura Moure/Lalín
O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas Carral, e o xerente de Clínica Deza, Francisco Javier Vázquez Romero, veñen de asinar un convenio de colaboración en virtude do cal as empresas afiliadas á AED e os seus traballadores gozarán de descontos exclusivos para a realización de probas de detección da Covid-19.
Segundo o acordo asinado, os prezos exclusivos para os asociados da AED son de 25 euros pola realización de test de antíxenos e de 100 euros pola realización de probas PCR.
Antonio Lamas agradeceu a predisposición de Clínica Deza a colaborar coa AED coa finalidade de que,“sen ter que saír de Lalín, as empresas asociadas dispoñan dunha clínica de referencia onde realizar de forma inmediata probas de detección da Covid-19 para realizar o seu traballo coa debida seguridade e garantías sanitarias”.