Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A AED canalizará unha demanda conxunta polo apagón e asesorará aos socios nas reclamacións

Antonio Lamas incide na “necesidade e urxencia de acometer os traballos para

completar o anel de subministro e evitar unha única liña de abastecemento”


Laura Moure/Lalín

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) está a preparar unha reclamación conxunta polos danos e prexuízos ocasionados aos asociados polo apagón rexistrado na xornada de onte por mor dunha avaría na liña Chantada-Lalín e que impediu a moitas empresas e

autónomos desenvolver a súa actividade durante preto de catro horas. A caída dun árbol foi o motivo da avaría.

A árbore que provocou a avaría.

Tras asesorarse esta mañá na Consellería de Economía, Emprego e Industria e coa Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape), a AED seguirá dúas liñas de traballo: por unha banda, recompilará información sobre o número de socios afectados e os prexuízos ocasionados para presentar unha reclamación administrativa conxunta diante da Consellería de Economía, Emprego e Industria para dirimir responsabilidades e esixir as accións correctoras necesarias para que este tipo de incidencias non se volva producir; e por outra banda, tendo en conta que as reclamacións particulares que pretendan conseguir compensacións deberán tramitarse de forma individual a través de demandas diante do Xulgado Mercantil, a AED contactará por correo electrónico cos asociados e porá o seu servizo de asesoramento xurídico á disposición dos afectados para indicarlles o procedemento a seguir.

Ademais, o presidente da AED, Antonio Lamas, transmitirá á empresa distribuidora a “necesidade e urxencia de acometer os traballos para completar o anel de subministro e evitar unha única liña de abastecemento”.



NOTICIA RELACIONADA:

35 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE