top of page

A AED asina un convenio con ARSEM para axudar aos socios a reducir o gasto enerxético

A consultora proporcionaralles un “trato preferente” para contribuír a optimizar o consumo de enerxía e a implementar medidas de aforro


Ecos da Comarca/Deza

O presidente da Asociación de Empresari@s de Deza (AED), David Campos, vén de asinar un convenio de colaboración coa delegada da empresa ARSEM Servicios Energéticos, María Aurora Cacheda, en virtude do cal esta consultora prestará un servizo personalizado

ás empresas e autónomos asociados para axudarlles a reducir o gasto enerxético e a implementar medidas de aforro enerxético e mellora da eficiencia.


Segundo o acordo asinado, o servizo de xestión enerxética que ofrecerá ARSEM inclúe a realización dun estudo inicial gratuíto de optimización das facturas de electricidade e gas a aqueles socios que o precisen. Ademais, cando un socio teña próximo o vencemento dalgún contrato de subministro enerxético, un axente de ARSEM ofreceralle asesoramento para atopar as mellores opcións do mercado para o cambio ou renovación do mesmo.

Pola súa banda, a Asociación de Empresari@s de Deza divulgará entre os máis de 365 asociados os servizos, solucións e promocións que ofrece ARSEM Servicios Energéticos tanto para grandes compañías como para pemes e autónomos.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page