top of page

A AECA organiza un Showroom no Camiño para descubrir as tendencias de moda para este inverno

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será o día 23 na antiga Casa de Correos en Arzúa


Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) organiza un evento social de moda en formato showroom para dinamizar o comercio local e achegar o encanto das novas tendencias aos veciños da comarca e demais visitantes. O evento terá lugar o sábado 23 de novembro pola tarde na antiga Casa de Correos, ao seu paso polo Camiño de Santiago, onde comerciantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa presentarán en exclusiva avances da colección de inverno e unha coidada selección de prendas, complementos e calzado que non deixarán indiferente ao público.

Este evento de moda estará centrado na presentación de propostas de moda para lucir durante as festividades do Nadal, ocasións como poden ser en ceas con amigos, encontros de empresa ou reunións familiares. De modo que cada tenda participante expoñerá unha coidada mostra de prendas coas que triunfar nestas datas tan especiais.


O showroom no Camiño vai máis alá dunha simple exposición de moda. A través de esta actividade AECA pretende dar a coñecer o comercio local a potenciais novos clientes, convertendo ademais a sala de exposicións nun espazo de interacción e de confianza co público, onde poder xerar vendas e fortalecer a relación coa clientela creando vínculos de amizade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A celebración de esta mostra suporá un punto de encontro no cal se darán cita personalidades afeccionadas ao mundo da moda como bloggers fashionistas, influentes ou modelos profesionais da zona interior de Galicia que foron convidados a este evento.


Será de 17 a 20 horas con entrada libre na Casa de Correos, c/Dores no3. Arzúa.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page