A adiantada floración das árbores en pleno xaneiro
Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

A vós tamén vos dá a sensación de que xa estamos en primaveira? As noites frías e as xeadas das mañás son as que nos lembran que si, que estamos en xaneiro, en pleno inverno. Pero que dicir de tantas semanas sen chover e da calorciña que fai polo día? Se pechamos os ollos, con esta calor, escoitando aos paxariños cantar (que deben estar moi ledos de casar onte, como cada 2 de febreiro, Día da Candeloria)... non vos dá a sensación de que xa estamos en plena primaveira?
E que dicir das árbores que xa están con flor!!!! Si, hoxe vimos xa varias na parroquia agoladesa de Artoño. É incrible! Non vos parece?!
Pero aínda que nos pode parecer marabilloso para aqueles que nos gusta o bo tempo e nos deprime o inverno, isto non é o normal e por desgraza, é unha das consecuencias da problemática do cambio climático. Porque isto non é algo que pasará nun futuro moi lexano. Este xa está máis que presente nas nosas vidas. E está cambiando as estacións, como o estamos vendo claramente nos últimos tempos, e isto afecta ás plantas que necesitan polinizadores, aos animais migratorios, que por exemplo, vemos que agora as cigoñas pasan a maioría do tempo na nosa comunidade, e tamén nos afecta ás persoas.
E de feito, un estudo realizado recentemente no Reino Unido conclúe que as plantas acusan a subida global de temperatura e florecen un mes antes debido ao calentamento global.