top of page
Perruquería Marisa.gif

A actual alcaldesa, Rocío Seijas, encabezará a candidatura de Independentes por Monterroso

Presentará a súa lista o 5 de maio e acompañada de Luis Mariño une a un grupo de 14 veciños e veciñas do concello "implicados e comprometidos para traballar por Monterroso"


Laura Moure/Monterroso

A agrupación Independentes por Monterroso presenta o vindeiro venres 5 de maio no salón de Actos Casa da Cultura a súa candidatura para as eleccións municipais do domingo 28. Independentes por Monterroso busca continuar o proxecto iniciado fai máis de dous anos

cando Rocío Seijas se puxo ao fronte da Alcaldía do municipio. "Rocío Seijas e Luis Mariño

lideraron o Goberno local cun resultado de crecemento para Monterroso", sinalan.


A candidatura de Independentes por Monterroso encabezada por Rocío Seijas e Luis Mariño une un grupo de catorce veciños e veciñas do concello implicados e comprometidos para traballar por Monterroso. Esta formación conta con persoas profesionais e emprendedoras de diferentes sectores, emprendedores do sector da construción, empresarios e traballadores do sector primario, do sector servicios, do ámbito sanitario, do sector turístico así como do deportivo entre outros. "Un grupo de veciños co único obxetivo de traballar e escoitar as necesidades de Monterroso. Ademais, esta lista conta con xente de distintas idades que aportan tanto experiencia como ideas novas".

Os obxectivos principais de Independentes por Monterroso son "mellorar a calidade de vida da veciñanza apostando fortemente polas familias e continuar impulsando o Concello para que siga pola senda de crecemento dos últimos dous anos". Así, Rocío Seijas apunta agora "a un futuro ilusionante no que se marca como retos de futuro para Monterroso seguir recuperando a iniciativa, o liderado, continuando os proxectos xa inciados e pedindo a confianza dos veciños para que todos conten". De este modo, móstrase convencida de que co seu equipo "da súa total confianza poderán conseguir que Monterroso sexa un referente económico, cultural, turístico e deportivo".


574 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page