Laura Moure/Silleda
Movistar+ produce, en colaboración coa produtora galega Portocabo, o thriller Rapa botando man do mesmo equipo creativo de Hierro, a serie máis vista de 2021 en Movistar+. Este luns a actriz silledense Cristina Collazo anunciou que formará parte do reparto.
"Pois xa podo contar que formarei parte do elenco de #Rapa unha serie de Portocabo para Movistar+ dirixida por Jorge Coira. Unha viaxe alucinante. Grazas ! Moi agradecida a ÉboraCas", indicaba Cristina Collazo a través das súas redes. Cabe mencionar que Collazo conta cunha longa e brillante traxectoria tanto en cine coma en teatro.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_f3817f0abc2d471eb0e655f3eafdc3ef~mv2.png/v1/fill/w_980,h_634,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_f3817f0abc2d471eb0e655f3eafdc3ef~mv2.png)
Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, Rapa está dirixida por Jorge Coira, con Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva. É unha serie de suspense que está formada por seis episodios de 50 minutos e está previsto que se estrene en 2022. A rodaxe ten lugar nas localidades de Cedeira e Ferrol.
Trama
A trama arranca co asasinato da alcaldesa dun pobo galego. A investigación do crime será o principal obxectivo de Maite (Mónica López), sarxento da xudicial, que intentará averiguar quen a matou e cal foi o motivo. Mentres, Tomás (Javier Cámara) é a única testemuña dos feitos e será fundamental na investigación.
Comments