top of page

A actriz Lucía Veiga será nomeada Valedora da Empanada o 8 de abril

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Amigos da Empanada entregará a distinción honorífica na I Gala da Empanada que terá lugar este sábado no Auditorio Manuel Dopazo


Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira de Silleda anunciou que a actriz galega Lucía Veiga, será galardoada co título de Valedora da Empanada da Bandeira o sábado 8 de abril, coincidindo co Día Mundial da Empanada. Esta distinción honorífica é o máximo título que concede a entidade sen ánimo de lucro a referentes do mundo da comunicación, gastronomía, ciencias, cultura, deporte... en homenaxe á súa traxectoria.

Os Valedores e Valedoras da Empanada adquiren o compromiso de defender á empanada galega en xeral e a Festa da Empanada da Bandeira en particular, alá onde vaian, converténdose en embaixadores dun dos produtos máis significativos da gastronomía galega. No ano 2022, foron premiados Alfonso Rueda, Pepe Domingo Castaño e Fernando Ónega. Agora Veiga sumarase á xornalista María Lama, ao cantante Lode, á chef Lucía Freitas e á xornalista Ana Pardo de Vera.


Lucía Veiga López, nada na Coruña en 1979, é unha actriz, monologuista e presentadora de televisión galega. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Durante a súa etapa universitaria, colaborou coa emisora comunitaria CUAC FM, ademais de Xacarandaina e da Oficina de Acción Solidaria da universidade.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Xa na súa traxectoria profesional, destaca a súa participación na web serie Galicia Crime, na miniserie Peter Brandon, unha vida pola comedia así como na serie Vivir sin permiso de Mediaset, El desorden que dejas de Netflix ou Rapa de Movistar. No eido teatral, podemos facer mención de obras como Improteka cum laude, Eu queríame casare ou Quero ser maior.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, foi a presentadora da Gala dos XIX Premios Mestre Mateo e en setembro de 2022 converteuse na presentadora principal de Malicia Noticias, un noticiario de humor en formato de comedia informativa que analiza a actualidade dun xeito moi diferente. Xa anteriormente participara noutros programas de TV como Malo será ou Luar da TVG.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page