Laura Moure/Palas/Melide
Son moitos os famosos que se deciden a facer o Camiño de Santiago, unha experiencia que moitos repiten. Se fai unhas semanas Melide e Palas acolleu a un peregrino moi especial, como foi o chef José Andrés, estes días tamén fixo parada en ambas localidades unha presentadora e actriz moi famosa: Anne Igartiburu.
Con ela estivo este mércores o palense Juan Nuñez en Melide, pero ademais, deixouse ver onte por Palas de Rei, onde pasou a noite. "Non puido quedarse en Melide porque os hoteis atópanse todos cheos. Estivo cantando na Pulpería Ezequiel, quedou alucinada co pulpo e encantoulle a crema de orujo de Mejuto", conta Núñez.
Anne Igartiburu Verdes (Elorrio, Vizcaya; 18 de febrero de 1969) comenzou a súa carreira profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica del País Vasco) e de aí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
Podedes obter máis información dela no seguinte enlace:
Comments