top of page
Foto del escritorLaura Moure

A actriz arzuá Lidia Veiga fíxose co galardón Mellor Actriz no Festival de Cans

Nesta 18ª edición, que se celebrou do 1 ao 4 de setembro, conseguiu este recoñecemento pola súa interpretación na curtametraxe O que queda de nós


Laura Moure/Arzúa

A actriz arzuá Lidia Veiga recibe o premio AISGE do xurado á Mellor Interpretación Feminina pola curtamentraxe O que queda de nós no Festival de Cans, que se celebrou do 1 ao 4 de setembro sendo a súa 18ª edición. Coa entrega dos premios remataba unha edición do certame na que competían 33 curtametraxes e 20 videoclips.

Lidia Veiga co seu galardón.

Foi a edición máis internacional do Festival de Cans, coa participación do historiador Ian Gibso, a presenza na liña do realizador brasileiro Kleber Mendonça Filho ou coa presentación da sección Correspondencias, que naceu este ano para tender pontes entre cinestas de Galicia e América Latina.


Lidia Veiga xa ten unha marabillosa traxectoria no mundo da interpretación:

  • En televisión: A lei de Santos e Método criminal, ambas da TVG.

  • En cine: Cando toco un animal e Reboiras, acción e corazón.

  • En curtametraxes: O que queda de nós, A última noite, Camiño branco, As ondas, Onde durmen as gaivotas, O paso, Trala porta, A ningunha parte, Batibat, Vía Láctea, Leucoíña, Lonxe e Van.

  • En teatro: Teatro 2020 Camiños, A marquesa Rosalinda, Vetro Temperato, A oitava marabilla e En defensa de Satie.

Premios:

  1. 2021 Nominada á Mellor Actriz de Reparto Premios Mestre Mateo por A lei de Santos.

  2. 2020 Premio a Mellor Interpretación Femenina no Festival de Cine de Ourense por Onde dormen as gaivotas.

  3. 2019 Premio Mellor Actriz I Festival Valdeorras Denominación de Cine por O Paso.

  4. 2019 Premio Mellor Actriz Moviescreenpro Film Festival EEUU por Lonxe.


O que queda de nós

Esta curtametraxe nace dunha asignatura da carreira de Comunicación Audivisual na Universidade de Vigo.

Dirección e guión: Miguel Gómez Abad Produción: Lucía Carrera, Eva María Fernández Fotografía: Jorge Díaz Ferradás Montaxe: Lucía Abeledo Son: Juan Garrido Música: Juan Garrido e Manuel Lucas Reparto: María Costas, Lidia Veiga, Lois Soaxe, Mayka Braña, Iria Gómez Xénero: Ficción, thriller.

Trata a historia dunha rapaza e a súa nai que saen sempre xuntas a cazar. A filla é moi boa coas armas, pero a nai cre que aínda non está lista. Un día de batida perden os cans e todo empeza a complicarse.


A segunda curta de Miguel Gómez deixa un interesante man a man interpretativo entre dúas actrices: a experimentada María Costas e a nova Lidia Veiga, a quen lle agarda un futuro moi prometedor.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page