Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A actriz Alejandra Grepi será a pregoeira da XXI Feira da Troita de Sobrado dos Monxes

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

A actriz Alejandra Grepi, protagonista de El Bosque Animado, será a pregoeira da XXI edición da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes.


A recoñecida actriz madrileña volve a este municipio 35 anos despois da rodaxe desta aclamada película dirixida por José Luis Cuerda neste territorio.

"Desde o Concello tiñamos moitas ganas de volver recibir a algunha das persoas que protagonizaron este filme e por fin podemos facelo realidade". O alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, sinalou que esta visita traerá momentos moi emotivos, tanto para Grepi como para a veciñanza, "que garda con moitísimo agarimo as lembranzas daquel verán do 1987, no que veciños e veciñas, actores e actrices e equipo de gravación formaron unha maridaxe espectacular".

144 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE