A activista de República Dominicana Katherine Almanzar estará mañá, 27 de outubro, en Lalín
- ecosdacomarca

- 26 oct
- 1 Min. de lectura
É un encontro organizado dende a Asamblea de Cooperación pola Paz en colaboración con Azos Feministas
Ecos da Comarca/Lalín
Mañá, luns día 27, ás 19 horas haberá un encontro en Lalín organizado dende a Asamblea de Cooperación pola Paz en colaboración con Azos Feministas, no Círculo De Recreo Lalín-Casino de Lalín. Asistirá a activista da República Dominicana Katherine Almanzar, comunicadora social e estratega en comunicación institucional. Ademais é coordinadora da Área de Cambios en Políticas Públicas de Ciudad Alternativa, onde lidera procesos de planificación, incidencia e deseño de narrativas comunitarias orientadas á transformación social.

Publicidade
A actividade consistirá na elaboración dunha cartografía social de maneira participada: "O traballo arredor das cartografías sociais permite rachar coa representación hexemónica plasmada nos mapas dos territorios e incluír unha visión humanista de quen os habita, incorporando así dimensións e elementos – como emocións, sons, historias de vida...- que acostuman a non representarse nos mapas convencionais. Ademais os procesos de cartografías sociais requiren necesariamente da participación das personas que habitan o territorio a cartografía", explica Azos.
Publicidade
Así pois, indica que se busca "xerar un proceso participativo arredor da elaboración desta cartografía social como un punto de inicio para seguir afondando na participación comunitaria como un proceso gradual e dinámico que favoreza a empatía intercultural".








Comentarios