Laura Moure/Lalín
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o 26 de xuño Sesión Ordinaria no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, na que decidiu, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro” Fundacion Laxeiro (Lalín, 1908 - Vigo, 21 de xullo de 1996). Proposta subscrita por académicos e varios colectivos culturais de Galicia.
Laxeiro.
Autor: Fundación Laxeiro.
A iniciativa desta celebración na xornada de cada 1 de abril, naceu da RAGBA no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelana, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2020-21 a figura homenaxeada foi o arquitecto barroco Domingo de Andrade.
Motivo neste caso para a afondar e difundir a figura de Laxeiro, decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX, cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.
Nesta mesma sesión, tras a votación regulamentaria, o plenario acordou conceder a Jesús Núñez Fernández Fundacion Ciec (Betanzos, A Coruña, 1927), pintor, escultor e gravador, o título de académico de Honra da Corporación.
Jesús Núñez estudou gravado na Escuela de Bellas Artes de San Fernando e na Escuela Nacional de Artes Gráficas, en Madrid, ampliando seguidamente os seus estudos en Berlín e París.
A súa obra abarca practicamente todas as técnicas do gravado, así como a pintura, a escultura, o deseño téxtil e de xoias, e mesmo o deseño de mobiliario, encontrándose representado nos principais museos nacionais de arte contemporánea.Creou e impulsou o Centro Internacional da Estampa Contemporánea na súa localidade natal que en 1997 converteuse nunha importante fundación dedicada á ensinanza e divulgación das técnicas artísticas, que recibe a artistas e profesores dos cinco continentes.
Comments