top of page
Foto del escritorIsmaelRS

A 6ª xornada de liga en Preferente, remata co empate do S.D. O Pino e a derrota do Boimorto C.F.

IsmaelRS/Boimorto/O Pino

Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta sexta xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte domingo os seus partidos de liga, conseguindo puntuar só un dos dous equipos.


Sigüeiro F.C. - Boimorto C.F. (2-0)

  • O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Sigüeiro F.C., tivo lugar no campo municipal Lino Balado (Sigüeiro). Rematou con derrota do equipo boimortense por 2-0, os goles do equipo local foron obra de: Diego Fuentes Bernal (62´) e o último gol gracias a Diego Rivas del Río (89´).


S.D. O Pino - C.D. Boiro (1-1)

  • O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o C.D. Boiro, tivo lugar no campo municipal de Reboredo - Arca (O Pino). O encontro rematou con empate a un gol. Comezou marcando o equipo local, ao final da primeira metade grazas o tanto de David Pereiro Sánchez (46´). O último dos goles chegou a 13 minutos do final do encontro e foi obra de Javier F. Pouso Sobrado (77´) e con este gol do equipo visitante pecharíase o encontro.

CLASIFICACIÓN

Grazas a estes resultados, o S.D. Pino sitúase na teceira posición, mentres que o C.F. Boimorto queda na oitava posición.


PRÓXIMA XORNADA:

A 7ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 14 de novembro, cos seguintes encontros:

  • C.D. Boiro - Boimorto C.F., no campo Municipal de Brañas (Boiro).

  • S.D. O Pino - S.D. Dubra, no campo Municipal de Reboredo (Arca, O Pino).


0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page