top of page

A 3ª Colectiva Algarabía da Asociación Cultural O Naranxo inaugúrase o 4 de agosto

Ecos da Comarca/Lalín

A Asociación O Naranxo inaugurará a súa terceira exposición no mes de agosto. "Falar de Algarabía é falar tamén de arte, parte fundamental da nosa festividade. Este ano é o terceiro no que celebramos a 3a #ColectivaAlgarabía, un camiño polas obras de todas e todos os participantes nas nosas esposicións. Este ano, como corresponde, tócalle a xente da edición do 2022", sinala o colectivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A colectiva, apunta, "é unha maneira de agradecer toda a confianza depositada ano tras ano nun proxecto expositivo que pretende, por un lado tecer redes coa xente do pobo, implicando a locais comerciais e converténdoos en pequenas galerías, e polo outro ofrecendo espazos onde as e os artistas poidan amosar o seu traballo a un público máis amplo.Todas as exposicións repartidas ao longo da vila xúntanse logo, no ano posterior, nunha colectiva onde se fai uso dun espazo destinado especialmente á nosa cultura, ofrecendo así tamén a oportunidade ás e aos artistas de que a súa participación na Algarabía supoña un feito que poida ser válido para incluír a nivel curricular na súa vida profesional".


A inauguración celebrarase o venres día 4 de agosto ás 20:00 horas no Museo Municipal Ramón María Aller e estará a disposición do público ao longo de todo o mes de agosto.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Cabe destacar tamén que a celebración desta inauguración marca, un ano máis, unha gran nova...e é que volveremos ter ALGARABÍA, concretamente os días 1, 2 e 3 de setembro. Neste momento xa temos o cartel de actuacións pechado e en breves comezarmos con anuncios de bandas!! Non faltarán tampouco xogos, actividades, obradoiros...e moitas cousas que iremos desvelando ao longo do tempo que nos queda.

Imos coas ganas todas!!".

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page