IsmaelRS/Arzúa
A 10ª xornada de liga na Terceira División RFEF Grupo 1 entre o Polvorín F.C. e o C.S.D. Arzúa xogouse onte ao mediodía no campo Municipal de Pol, e rematou 1-2.
Polvorín F.C. - C.S.D. Arzúa (1-2)
Despois gañar nas xornadas anteriores, o C.S.D Arzúa remata o encontro desta xornada con outra vitoria, o cal lle dá tres novos puntos. O equipo arzuá adiantouse na marcador grazas ao gol de Daniel Viqueira Louro (29'), con este resultado remataría a primeira metade. Na segunda parte habería dous goles máis, o primeiro sería obra do equipo local, que levaría o empate ao marcador grazas o tanto de Daniel Vidal Martínez (61´) e que permanecería no marcador durante 18 minutos ata a chegada do último gol do partido, obra do equipo visitante, obra de José F. Bertúa Fontenla (79´), co que se pecharía o encontro.
CLASIFICACIÓN
Con este resultado, o C.S.D. Arzúa sube á décima posición da táboa.
PRÓXIMO ENCONTRO
Na 11ª xornada, o C.S.D. Arzúa xoga contra o C.D. Choco, dito partido terá lugar no campo municipal do Viso, o domingo 14 de novembro, ás 17:00 horas.
Comments