top of page

A área recreativa da Carixa, en Vila de Cruces, estrea hoxe a tempada de verán

Laura Moure/Vila de Cruces

A área recreativa da Carixa está xa preparada para comezar a tempada de verán. O Concello de Vila de Cruces realizou tarefas de mantemento para poñer a punto a zona de recreo para o desfrute da veciñanza e de todas aquelas persoas que se queiran achegar a este espazo público da parroquia de Merza. A Carixa abrirá ao público mañá venres, 20 de xuño.

A Carixa é un enclave único que se atopa nun emprazamento privilexiado ás beiras do

río Deza. Cun aforo de 400 persoas en aproximadamente 9.000 metros cadrados en

cada marxe do río, a área recreativa da Carixa dispón dunha zona de baño con dúas

piscinas, mesas e bancos de madeira, asadores, aseos, parque infantil, parque

biosaudable, dous chiringuitos, zona axardinada e paseo, converténdose nunha área

autosuficiente enerxeticamente ao estar equipada con placas solares.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A praia fluvial congrega nesta época a numerosos bañistas xa que, ademais do río

Deza, conta con dúas piscinas, unha grande para adultos, cun tamaño de 25x15x1,3

metros, e outra para os máis pequenos de 13x10x0,80 metros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As piscinas énchense de auga do río cada dous días, para garantir a calidade das augas, eliminando posibles sedimentos ao seren piscinas naturais sen cloro. O pasado ano o Concello acondicionou a Carixa a través de diferentes obras que alcanzaron un presuposto de 9.000 euros.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page