O Concello tivo que acometer varias actuacións, ao estar as instalacións sen mantemento polo peche do ano pasado motivado pola Covid-19 e as inclemencias do inverno
Laura Moure/Vila de Cruces
O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, comprobou in situ como se atopan as instalacións da área Recreativa da Carixa, en Merza, unha vez terminaron os traballos de reforma e confirman que xa están acondicionadas para a súa goce de todos os veciños e veciñas a partir do 1 de xullo.
Días a tras o tenente alcalde Julio López xa mantivo unha reunión con técnicas da Xunta de Galicia para ver a posibilidade deste ano de poder gozar das piscinas desta área recreativa, unha vez que a pandemia xa está máis controlada. Nesa reunión chegaron ao acordo de que si era posible, pero tiñan que facer varias modificacións para garantir a seguridade sanitaria das instalacións. A modificación primordial foi o cambio de enchido das piscinas, que antigamente se enchían pola mañá e baleirábanse pola noite, para volver enchelas ao día seguinte, algo que coa Covid-19 agora sería inviable, polo que
se optou por manter un fluxo de auga constante nas piscinas que garantan a renovación constante da auga de baño, tal e como explica o Concello.

O tenente de alcalde supervisando as obras.
"As reparacións estivéronse acometendo nas últimas semanas para poder telas xa listas agora que comeza o bo tempo, e que moitas familias empezan a coller as súas vacacións e poidan elixir esta paraxe para a súa relaxación e esparexemento, xa que hai que lembrar que na contorna atópase un aparcamento adaptado para caravanas que tanto están de moda nestes momentos", indica.
Por este motivo, o alcalde Luis Taboada anima a todos os que queiran gozar da natureza que se acheguen a esta paraxe e unha vez atópense instalados poidan coñecer o resto do municipio, paseando polos seus carreiros interminables, coñecendo a súa cultura, ou ben gozando da mellor gastronomía, co seu prato estrela do “Galo de Curral”.
コメント