top of page

A árbore de Nadal de Vila de Cruces que agasalla tempo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Aída Soto Mazás elaborou con seu avó unha árbore en Piloño e lanza unha petición


Laura Moure/Vila de Cruces

Aída Soto Mazás a artífice desta árbore de Piloño.

Unha das cousas boas que teñen esta época navideña é que nos xuntamos cos nosos, expresamos os nosos bos desexos e que xorden iniciativas solidarias e tan bonitas como a ideada pola cruceña Aida Soto Mazás. "Atención nenos e nenas de Piloño, arredores e os que queirades... Maiores tamén. Parece un espantallo, pero é unha árbore de Nadal feita a man. A ver se antes de acabar o Nadal o enchedes de moitos adorniños feitos por vós. Veña compartide que seguro facemos a mellor árbore de todo Galiza. A árbore está no número 30 en Piloño ó lado de Panadería Mazás". Esta é a mensaxe que lanzou hai tres días a través das súas redes sociais. Pois árbore feita de madeira... xa ten a día de hoxe máis dun adorno!!!


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"A idea xurdeu porque son moi amiga de experimentar. Se che son sincera teño pouca fé nesta humanidade. Despois dunha pandemia mundial convertímonos en persoas egoístas (máis aínda). Esixentes, maleducadas, cero empatía cos demais... Esta árbore é algo simbólico. Simplemente quería demostrarlle as persoas que se achegaran aquí a colgarlle un adorniño, que é máis interesante pasar un rato agradable cun fill@, sobriñ@, prim@, cos nosos maiores, pais... que estar 24 horas pendentes dos móviles, que hai que pararse máis que andar sempre a correr", cóntanos Aída Soto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"O meu adorno para árbore foi unha nota escrita a man, onde explico e dou as grazas a todos aqueles que puxeron algo, por pasar tempo cos seus fill@s par facer algo para outra persoa que pode que coñezan ou non. Por sacar un pouco do seu tempo e invertilo na árbore, que pouco a pouco nestos días foron parando coches e agora conta con 20 adornos casi todos feitos a man", indicábanos este xoves a artífice.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais, esta veciña de Piloño contou coa axuda dunha persoa moi especial para ela que tamén quixo sumarse a esta causa tan fermosa. "Ademais de que a árbore foi feita por meu avó de 84 anos, ata lle puxo rodas. Tres días invertimos en construílo, e amin persoalmente gustaríame acabar o Nadal e ter árbore repletiña".


Mirade onte xa como estaba á árbore!! Parabéns por esta iniciativa!



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page