top of page

9 vehículos implicados en dous accidentes rexistrados na A-52

Ecos da Comarca/Xeral

Ambos os dous accidentes ocorreron nun espazo de apenas un quilómetro e nun intervalo de tempo de 30 minutos aproximadamente.


O primeiro dos sinistros produciuse ás 7:20 horas no quilómetro 236 da A-52, ao paso por Alongos, en Toén. Neste caso, víronse implicados catro turismos, unha furgoneta e un camión e, como consecuencia da colisión, unha persoa necesitou asistencia médica.

Este é o balance dun accidente múltiple do que informaron varios alertadores a través do 112 Galicia. Deste xeito, foi posible a activación dos recursos necesarios neste caso, como Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos do GES de Ribadavia, Protección Civil de Toén e persoal de limpeza e mantemento da vía.

ree

Sen embargo, uns 30 minutos máis tarde, un quilómetro máis adiante, tamén en sentido Ourense, outro accidente con varios vehículos implicados, isto é, dous turismos e unha furgoneta, xerou novas chamadas ao 112 Galicia. Ademais, neste caso, había unha persoa con dificultades para saír do vehículo, polo que foi necesaria a extracción da porta dun dos vehículos implicados para sacala, tal e como explicaron os efectivos do GES de Ribadavia.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cando esta persoa foi liberada recibiu a atención dos profesionais sanitarios.


En definitiva, un total de nove vehículos estiveron implicados en dous accidentes lindeiros e case simultáneos que complicaron a circulación pola autovía esta mañá.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page