top of page

9 ofertas para as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos

Entre estes figura o municipio de Sobrado


Ecos da Comarca/Sobrado

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir 9 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos da provincia da Coruña, nas que inviste 3.358.707 euros.Os traballos contan cun prazo de execución de catro meses e consistirán na renovación do firme para o mantemento e conservación das vías AC-840, AC-214, AC-400, AC-223 e AC-231, que discorren polos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía, Sobrado, Cerceda, Betanzos, Oza-Cesuras, Vilasantar, Curtis e Oleiros.

As intervencións inclúen a rehabilitación superficial do firme destas estradas, conactuacións nunha lonxitude total que rolda os 37 quilómetros,  coa restauración ou mellora das características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A maiores, abordarase tamén a reposición da sinalización horizontal, así como actuacións puntuais de drenaxe na AC-214 e na AC-190.


Ademais, contémplase a execución de tres tramos de cuneta de seguridade, un deles na marxe esquerda da estrada AC-214, no Concello de Cambre, e dous na marxe esquerda da estrada AC-190, no Concello de Oleiros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O departamento que dirixe maría M. Allegue segue a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 68 M€ á súa conservación.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page