80 xogadores do norte de España compiten no II Torneo de Mus 'Camiño de Santiago' que será o sábado en Palas
- ecosdacomarca
- 14 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Uns 80 xogadores, chegados de diferentes puntos do norte de España, competirán este sábado, 16 de marzo, en Palas de Rei, na segunda edición do Torneo de Mus “Camiño de Santiago”.
Publicidade
O campionato arrancará ás 10:00 horas, no Centro Comarcal, durará ata as 21:00 horas cando se entregarán os trofeos aos mellor clasificados.
Publicidade
Este Torneo está organizado pola Asociación LugoMuseiros xunto co Concello de Palas de Rei.
Comments