top of page
Foto del escritorLaura Moure

70 quilómetros recorridos por solidariedade e amor

O corredor silledense do GTR Galaico rum Marcos Goberna percorre esta distancia para contribuír coa iniciativa 700 Camisetas contra la Leucemia


Laura Moure/Silleda

Nos momentos dífíciles da vida todo o apoio e axuda son moi ben recibidos e hai persoas con corazóns enormes.700 Camisetas contra la Leucemia é unha iniciativa que pretende fomentar a doación de médula ósea en Galicia a través do deporte. O corredor do Gtr Galaico trail rum Marcos Goberna, afincado en Silleda, sumouse a esta acción solidaria e logrou o reto de recorrer nada máis e nada menos que 70 quilómetros entre Vigo e Pontevedra (ida e volta). Esta xenial proposta é levada a cabo pola Asociación FranGil contra a leucemia. Todos os interesados poden completar o recorrido de como mínimo 36 quilómetros.


Pero o deportista silledense superou con creces esa distancia e estivo acompañado por Alba e o seu pai no último tramo.


Ademais, Marcos Goberna tamén fixo todos estes quilómetros por amor, por amor a súa parella que neste momento está convalecente e non o puido acompañar nesta aventura. "Teño a convicción de que sairá desta porque ten demasiadas cousas por facer aquí fóra e moitas persoas que a queremos. Ese día prometinlle que faría o Camino 700 polos dous".

Marcos Goberna (á esquerda) con Alba e seu pai.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page