top of page
Foto del escritorIsmaelRS

6 de outubro: celébrase o Día Mundial do Sorriso

IsmaelRS/Xeral

No ano 1999 Harvey Ball, creador do símbolo iconográfico Smiley Face ou Carita Feliz, decidiu proclamar o Día Mundial do Sorriso para o primeiro venres de outubro, unha data pensada para ser feliz e levar alegría a outros, aínda que sexa por un día.


Harvey faleceu no ano 2001, pero desde entón creouse a Harvey Ball World Smile Foundation na súa honra. Organización que todos os anos realiza actividades e recada fondos para obras benéficas que leven alegría a todas as persoas ao redor do planeta.


Publicidade

Beneficios do sorriso

E é que o sorriso é un xesto que produce moitos beneficios. Ao sorrir, o noso corpo libera endorfinas e serotoninas, dúas hormonas que nos fan sentir máis felices, menos tensos e mellorar o noso estado de ánimo.


Sorrir é parte da linguaxe universal, é gratis e axúdanos en moitos ámbitos da vida: na sedución, na vida profesional, na nosa autoestima. Xera seguridade nun mesmo e nos demais. E é contaxiosa.


Algunhas frases que se popularizaron no Día Mundial do Sorriso.

Cada ano millóns de persoas aproveitan o Día Mundial do Sorriso, para compartir frases famosas sobre o sorriso. Aquí compartímosche algunhas das máis populares.

  • O sorriso custa menos que a electricidade e dá máis luz. - Proverbio escocés.

  • Un gran sorriso é un belo rostro de xigante. - Charles Baudelaire.

  • É máis fácil obter o que se desexa cun sorriso que coa punta da espada. - William Shakespeare.

  • O neno recoñece á nai polo sorriso. - LeonTolstoi.

  • A maquillaxe que embelece máis é un sorriso sincero. - Anónimo.


Publicidade

Como celebrar o Día Mundial do Sorriso?

Como o obxectivo deste día é levar alegría a todo aquel que a necesite, podemos desde facer obras caritativas ata dedicarlle toda unha tarde a un amigo que sabemos que está a atravesar por un mal momento. Ou simplemente sorrí sempre que che apeteza, sentirás mellor e farás sentir mellor ao que está ao teu lado.


Outra boa maneira é compartir frases graciosas, imaxes e vídeos que promovan a alegría noutros. Aproveitemos ao máximo a conectividade e contaxiemos un sorriso de forma viral. Usa os hashtag #WorldSmileDay #DiaMundialDeLaSonrisa #DiaMundialDoSorriso.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page