top of page

530 persoas desfrutaron da 32ª Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces

José Iglesias, Adolfo Gómez, Consuelo Gómez, Carmen López e J.Manuel Grandas foron recoñecidos nesta cita


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrou onte a 32ª Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces, nas Insuas de San Ramón, nnañ parroquia de Gres. Asisitiron, tal e como informa o Concello 530 persoa. "Foi un día espectacular, gozoso e de irmandade!".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Concello indica que esta xornada é unha oportunidade para compartir recordos,

alegrías e bos momentos con quen foron e seguen sendo “exemplo de entrega, esforzo

e sabedoría”. O rexedor, Luís Taboada, indica que é a festa máis importante de Cruces

xunto coa festa do Galo. “Render homenaxe á nosa xente da terceira idade, mulleres e

homes, é unha obriga e un acto de confraternidade. Poder falar con eles,

enriquecernos cos seus testemuños de vida e poder abrazalos é un gozo e un privilexio. Pero, ademais, a xuntanza ten un profundo sentido de estímulo comunitario, particularmente importante nas aldeas e parroquias. O contacto persoal tamén nos descobre, en ocasións, algún tipo de necesidade ou carencia. En todo caso, será un día moi feliz xuntos”, segundo explica Taboada con emoción.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E como todos anos recoñeceron aos máis veteranos da cita! Así entregaron agasallos para José Iglesias Diéguez, 100 anos, da parroquia de Ínsua; Consuelo Gómez Iglesias, 98 anos, da parroquia de Camanzo; Adolfo Gómez Lodeiro, 99 anos, da parroquia de Camanzo e Carmen López Otero, nacida en 1932 e da parroquia de Carbia!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page