top of page

50 persoas da man da Asociación de Veciños Santa Margarida de Loño visitarán Cambados e Pontevedra

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Máis de 150 usuarios de tres colectivos sociais dos concellos de Cambados, As Neves e Vila de Cruces participarán este domingo en saídas do programa +Convivencia, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que ofrece a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación en recursos patrimoniais da provincia. Neste caso, o programa chegará aos concellos de Cambados, Campo Lameiro e Pontevedra, visitando os seus centros históricos e importantes recursos culturais da provincia.

Desde Vila de Cruces partirán 50 persoas da man da Asociación de Veciños Santa Margarida de Loño, que visitarán os concellos de Cambados e Pontevedra con parada no Museo de Pontevedra da institución provincial. Tamén recalarán na Boa Vila outras 50 persoas mobilizadas pola Asociación de Veciños San Cibrán de Ribarteme, das Neves. Por último, 55 persoas da ANPA Con de Sete Pías de Vilariño, en Cambados, visitarán o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.


O programa +Convivencia, dotado de 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa ou a popular, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia. O prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanece aberto ata o 1 de decembro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como novidade, o goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata mil euros para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page