top of page

5 de setembro: celébrase o Día Mundial do Irmán

IsmaelRS/Xeral

O 5 de setembro celébrase en moitos países do mundo o Día Mundial do Irmán para render homenaxe a un dos nosos familiares máis próximos, cos que crecemos, compartimos teito e mesmo, nalgúns casos habitación, roupa, e confidencias.


Do mesmo xeito que existe o Día da Nai, Día do Pai ou Día dos Avós, os irmáns tamén merecen a súa propia xornada.


Esta efeméride non só fai referencia aos irmáns por afinidade consanguínea, senón aquelas relacións fraternais que demostran solidariedade, unión, afecto e incondicionalidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Por que se celebra o Día do Irmán?

A elección deste día débese á data de falecemento da Nai Teresa de Calcuta, quen dedicou a súa vida para realizar varias obras sociais por todo o planeta.


Esta muller de orixe albanesa e posteriormente nacionalizada india, foi a fundadora da congregación das Misioneiras da Caridade en Calcuta, no ano 1950. Xunto ás súas irmás relixiosas levou paz e acougo a moitas persoas necesitadas e desamparadas no mundo.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como conmemorar o Día Mundial do Irmán?

Celebra cos teus irmáns en familia ou con aqueles aos que consideras irmáns de espírito.


Comparte unha mensaxe, unha chamada, goza dunha boa comida ou un paseo. Calquera día é un momento especial para homenaxear a eses mellores amigos que non tivemos que escoller.


Agradece á vida por contar con persoas coas que podes compartir e contar con eles en bos e malos momentos, pase o que pase, porque vos une un vínculo forte. Comparte unha mensaxe de irmandade por medio das redes sociais, agregando o hashtag #DíaMundialdoIrmán.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page