top of page
Foto del escritorIsmaelRS

4 de setembro: celébrase o Día Mundial da Saúde Sexual

IsmaelRS/Xeral

O 4 de setembro celébrase o Día Mundial da Saúde Sexual, unha iniciativa promovida pola Asociación Mundial para a Saúde Sexual (WAS) desde o ano 2010.


Publicidade

Por que se celebra?

A finalidade desta efeméride é concienciar á poboación acerca da promoción dos dereitos sexuais, a diversidade sexual, así como a saúde sexual e reprodutiva dunha maneira pracenteira, sen discriminación ou riscos.


Así mesmo, trátase de divulgar información acerca dos factores de risco, enfermidades de transmisión sexual e contagios, así como as precaucións pertinentes para unha vida sexual saudable.

Publicidade

Que é a Saúde Sexual?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde sexual como "un estado de benestar físico, mental e social en relación coa sexualidade. Require un enfoque positivo e respectuoso da sexualidade e das relacións sexuais, así como a posibilidade de ter experiencias sexuais pracenteiras e seguras, libres de toda coacción, discriminación e violencia".


A sexualidade abarca aspectos como o sexo, a identidade de xénero, o erotismo, o pracer, a reprodución e a intimidade. Exprésase en pensamentos, valores, crenzas, desexos, actitudes, roles e prácticas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page