O Boimorto C.F. xogou o sábado pola tarde e rematou coa derrota por 6-0 na casa do U.D. Paiosaco - Hierros, mentres que o S.D. O Pino gañou por 1-0 na casa contra o S.D. Fisterra
IsmaelRS/Boimorto/O Pino
Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta cuarta xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron o longo do fin de semana os seus partidos de liga, conseguindo puntuar só un dos dous equipos.
U.D. Paiosaco_Hierros - Boimorto C.F.
O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o U.D. Paiosaco - Hierros, tivo lugar no campo municipal da Porta Santa. Rematou cunha rotunda derrota do equipo boimortense por 6-0, os goles do equipo local foron obra de: Oliver Fernández Rey (p.p 7´), Adrián Casariego García (27´), Alberto Varela Rey (58´), Cristian Quintáns Gómez (penalti 64´), Cristian Quintáns Gómez (78´) e o último gol gracias a Alejandro Bernardo Bas (90´)
S.D. O Pino - S.D. Fisterra
O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o S.D. Fisterra., tivo lugar no campo municipal de Reboredo. O encontro rematou con vitoria por 1-0 para o equipo local, o único gol que subeu o marcador foi obra de David Pereiro Sánchez (52').
CLASIFICACIÓN
Grazas a estes resultados, o S.D. Pino ascende a terceira posición, mentres que o C.F. Boimorto baixa a quinta posición.
PRÓXIMA XORNADA:
A 5ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 24 de outubro, cos seguintes encontros:
Boimorto C.F. - Atlético Arteixo, no campo Municipal de O Carballal (Boimorto), terá lugar ás 16:30 horas.
Xallas F.C. - S.D. O Pino, no campo Municipal de A Fontenla (Santa Comba).

Comments